Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Punto Limpo Móbil

O obxectivo do punto limpo móbil é facilitarlle á veciñanza da Coruña a xestión dos residuos non voluminosos e a reciclaxe mediante a recollida selectiva.

Nunha zona concreta da cidade situarase un vehículo que dispoñerá dunha plataforma traseira móbil, esta abrirase en dúas metades e deixará un corredor central para poder acceder aos colectores específicos para cada tipo de residuo.

Este servizo serve para depositar pequenas cantidades de residuos perigosos do fogar, para o resto, como papel e cartón, plásticos etc. xa hai colectores nas rúas e outros servizos, como o de recollida diaria de mobles.

Neste vehículo haberá un operario que lle axudará á cidadanía a depositar cada residuo no colector correspondente.

Residuos admisibles: Residuos NON admisibles:
  • Aceite doméstico
  • Baterías e acumuladores de Ni-Cd
  • Produtos fotoquímicos (radiografías, CD, DVD...)
  • Cristal
  • Tubos fluorescentes
  • Envases metálicos e plásticos contaminados baleiros (pinturas, vernices...)
  • Tóner e cartuchos de tinta
  • Tecidos (roupa)
  • Pequenos utensilios do fogar (mobles pequenos de madeira)
  • Envases aerosois
  • Equipos eléctricos e electrónicos que conteñen compoñentes perigosos (televisores, ordenadores, teléfonos móbiles etc.)
  • Pequeno aparello eléctrico e electrónico (microondas, lámpadas, batedoras etc.)
  • Cascallos
  • Madeira
  • Pneumáticos
  • Papel e cartón
  • Plásticos
  • Poliespán
  • Restos de poda

Horario: martes a sábado de 09:00 h a 14:15 h

LOCALIZACIÓN DO PUNTO LIMPO MÓBIL

Marzo

Zona Castrillón

  • Días 3, 4 e 5 (martes, mércores e xoves): praza de Pablo Iglesias

Zona Cidade Vella

  • Días 6 e 7 (venres e sábado): rúa Campo da Estrada (lateral do Acuartelamento Atocha)

Zona Gaiteira

  • Días 10 e 11 (martes e mércores): rúa Gaiteira (á altura do núm. 31)

Zona Elviña

  • Días 12 e 13 (xoves e venres): praza Luís Seoane (zona Edificio Adms. Xunta - acceso aparcadoiro)

Zona Mesoiro

  • Día 14 (sábado): rúa Illas Sisargas (fronte ao Supermercado Eroski)

Zona Agra do Orzán

  • Días 17 e 18 (martes e mércores): praza das Conchiñas

Zona Lonzas

  • Días 20 e 21 (venres e sábado): avenida de Cádiz (zona parque infantil)

Zona Os Mallos

  • Días 24, 25 e 26 (martes, mércores e xoves): rúa Capitán Juan Varela (praza da Audiencia Provincial)

Zona Os Castros

  • Días 27 e 28 (venres e sábado): avenida do Exército confluencia coa avenida de Oza (zona glorieta)

Zona Vioño

  • Día 31 (martes): rolda de Outeiro (confluencia coa avenida de Arteixo, zona da praza do antigo Supercor)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión