Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Nesta páxina

Tarxeta Millennium e perfís

A Coruña

Para realizar calquera trámite ten que solicitar cita previa

A Tarxeta Coruña Millennium é a chave para podéreste mover en autobús pola cidade e pola súa área metropolitana de forma sinxela e económica. Serve tamén como tarxeta identificadora para o servizo de préstamo de bicicletas de BiciCoruña e como carné de socia/o nas Bibliotecas Municipais.

Sistema tarifario de aboamento por recorrencia na Tarxeta Millennium

O aboamento por recorrencia vai dirixido a fomentar o uso do autobús urbano e bonificar as persoas usuarias habituais. Consiste en devolverlle á persoa usuaria o importe das viaxes a partir dun número determinado segundo o seu perfil. Os aboamentos realizaranse na propia tarxeta no momento da recarga a partir do día 5 do mes seguinte ao seu uso.

  • Perfil xeral: límite de 44 viaxes mensuais
  • Perfil social: límite de 70 viaxes mensuais

Transporte público

Autobús urbano

Buses urbanos

A Tarxeta Coruña Millennium ofrece importantes descontos nas tarifas dos autobuses urbanos da Compañía de Tranvías da Coruña sen necesidade de dispoñer de diñeiro en metálico e coa máxima axilidade e sinxeleza ao non ter nin sequera que inserir a tarxeta en ningún lector.

fa fa-bus

Transporte metropolitano e interurbano

As persoas usuarias dos autobuses interurbanos poderán utilizar a Tarxeta Coruna Millennium como tarxeta moedeiro para pagar os seus traxectos metropolitanos. Nos autobuses metropolitanos a Tarxeta Millennium funciona con perfil xeral. Non son aplicables as subvencións ás persoas usuarias correspondentes ao perfil social do Concello da Coruña.

aeroporto

Bus Aeroporto

A Tarxeta Millennium tamén se pode utilizar para aboar o billete de bus que conecta A Coruña co aeroporto de Alvedro. O importe do billete con tarxeta metropolitana é de 0,85 €.

Servizos de préstamo con Coruña Millennium

BiciCoruña

Carné en BiciCoruña

As persoas usuarias da Tarxeta Millennium pódense dar de alta no servizo de BiciCoruna rexistrándose na páxina web e ingresando a cota de mantemento de 30 € no número de conta indicado.

Bibliotecas municipais

Carné nas Bibliotecas Municipais

Se xa tes a Tarxeta Millennium, simplemente achégate ao mostrador da biblioteca municipal da túa elección e darémoste de alta inmediatamente.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión