Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Tod@s somos modelos

Cando:

Dende o 11/01/2018 ata o 20/01/2018

Horario:

Luns a venres de 08:00 h a 21:00 h. Sábado de 09:00 h a 14:00 h e de 16:00 . a 21:00 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada libre e gratuíta

Contacto:

981 184 293

forum@coruna.es

Exposición fotográfica

O proxecto "Tod@s somos modelos" ten dous grandes obxectivos. Por unha banda, contribuír ao aumento da propia estima e o autoconcepto das persoas participantes na actividade. É unha maneira de que as persoas con discapacidade poidan experimentar a sensación de ser modelos por un día, constituíndo en si mesma unha actividade orientativa que lles axudará ás persoas beneficiarias a descubrir se esta actividade lles gustas, podendo nun futuro decantarse mesmo laboralmente cara a este sector, tendo en conta que cada vez máis firmas en todo o mundo empezan a adoptar un enfoque inclusivo no que se teñen en conta as diferenzas e a diversidade das persoas e os seus corpos. Doutra banda, perséguese a normalización da imaxe social das persoas con discapacidade. Para iso, está a planificarse como segunda parte do proxecto, unha exposición dunha selección das imaxes que se fixeron os dous días que durou a sesión fotográfica inclusiva. Daráselle a máxima difusión posible á exposición para unha maior sensibilización social, convidando a medios de comunicación, representantes da Administración Pública, empresas e entidades culturais e a outros colectivos e/ou centros educativos. Nesta actividade aberta e inclusiva participaron máis de 30 persoas con discapacidade, pero tamén persoas usuarias e traballadoras do Centro de Promoción de Autonomía Persoal do IMSERSO, persoas do grupo de lecer do Concello de Bergondo, Jóvenes ACCU Coruña, Adaceco, Aspaym Galicia, Ataxias Galicia e outras persoas con discapacidade que se apuntaron pola súa conta a través das redes sociais. Previamente á sesión fotográfica, todas as persoas participantes pasaron por un "posto" de maquillaxe, co que todas viviron unha experiencia "completa". Para o desenvolvemento desta actividade contouse coa colaboración da Asociación Lemon y Coco, que ten unha ampla experiencia no desenvolvemento de proxectos socio-culturais e desprazou todo o equipamento necesario para montar o estudio profesional e realizar a actividade. Doutra banda, o Centro de Promoción de Autonomía Persoal do IMSERSO cedeu as súas instalacións e colaborou na organización desta actividade, que foi financiada pola Fundación ONCE. A actividade foi un verdadeiro éxito de participación, e constatouse unha alta satisfacción de todas as persoas participantes, polo que se espera poder realizar futuras edicións deste proxecto.

Vídeo resumo da actividade:

https://www.youtube.com/watch?v=RYqcky-UhHE&t=1s

Botas algo en falta?

Se queres engadir algo á axenda da túa cidade ou corrixir algunha información errónea só tes que dicírnolo .

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?