Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

O prazo de inscricións pecharase definitivamente o día 10 de decembro.

Para o inicio do curso 2017/2018, a Concellaría de Cultura, Deporte e Coñecemento presenta a V edición dos Xogos Escolares.

O Xogos Escolares son torneos deportivos dirixidos ao alumnado desde 2º de Educación Primaria até 4º de ESO de centros educativos da cidade, e teñen como obxectivo xeral incluír a competición como parte da formación e do desenvolvemento deportivo e persoal do alumnado.

Para a edición do curso 2017/2018, que se realizará nos meses de novembro de 2017 ata abril de 2018, os Xogos Escolares contarán coas seguintes modalidades deportivas:

  • Baloncesto (Primaria)
  • Balonmán (Primaria)
  • Tenis (Primaria)
  • Hóckey Sala (Primaria e ESO)
  • Atletismo (Primaria e ESO)
  • Esgrima (Primaria)
  • Rugby (Primaria e ESO)
  • Xadrez (Primaria e ESO)

CUSTO

Os Xogos Escolares son gratuítos para os/as participantes. 

A inscrición implica ter a cobertura dun seguro de accidente, a dotación do equipamento, material e, no caso dos CEIPS públicos da cidade, o transporte gratuíto de ida e volta ao centro educativo de orixe, así como persoal acompañante para o equipo que o solicite.

INSCRICIÓN DE EQUIPOS: Nº DE XOGADORES MÁXIMOS E MÍNIMOS POR EQUIPO

Para proceder a realizar as inscricións, primeiro deberás darte de alta como promotor/a de equipo ou equipos a través da plataforma Smart City seguindo as seguintes instrucións:

A primeira vez que realices unha inscrición como promotor/a nalgunha das actividades municipais, o sistema necesitará que previamente esteas dado de alta na Plataforma Smart City indicando algúns datos básicos.

Unha vez completado este proceso de darse de alta como promotor/a en Smart City, poderase empezar a formalizar as inscricións de cada unha das persoas participantes en cada modalidade deportiva. 

O sistema permitirá a gravación de inscricións todas as veces que se desexe. Cun límite máximo de 60 minutos cada unha delas. Así mesmo, tamén lembrará todas as persoas que inscribas, de forma que nunca terás que introducir a mesma información dúas veces.

Unha vez realizada a inscrición, o sistema enviarache un correo electrónico cos datos das persoas que inscribas e cunha ligazón por se queres dar de baixa a algunha delas.

Deberase cubrir un formulario de inscrición en liña para cada un dos equipos.

O primeiro día de actividade cada alumno/a inscrito/a deberá entregar cuberto e asinado o Formulario de Identificación de Participante, que se pode descargar na seguinte ligazón.

Os equipos dos ciclos de ESO deberán ir acompañados durante os encontros por unha persoa responsable maior de 18 anos.

Cada centro educativo, ANPA ou promotor/a poderá inscribir tantos equipos como queira, respectando os números de xogadores máximos e mínimos establecidos no seguinte cadro:

MODALIDADE INSTALACIÓN CATEGORÍA DÍAS HORARIO COMPETICIÓN Nº MÍN. Nº MÁX.
PRIMARIA (2º a 6º de Primaria)
Baloncesto Polideportivo Municipal Ventorrillo BENXAMÍN Xoves 18:00 a 19:00 h 4 x 4 4 8
ALEVÍN Martes
Balonmán Polideportivo Municipal San Fco. Xabier BENXAMÍN Xoves 18:00 a 20:00 h 5x5 5 10
ALEVÍN Martes
Atletismo Pistas de Atletismo Universidade de Elviña BENXAMÍN Venres 17:30 a 19:30 h Individual 1 1
ALEVÍN
Tenis Polideportivo Municipal Ventorrillo BENXAMÍN Venres 18:00 a 19:00 h Equipos 4 8
ALEVÍN
Hóckey Sala Polideportivo Municipal Ventorrillo BENXAMÍN Mércores 18:00 a 19:00 h 4x4 4 8
ALEVÍN
Rugby Cidade Deportiva da Torre BENXAMÍN Xoves 16:00 a 17:00 h 5x5 5 10
ALEVÍN
Esgrima Casa Da Agua - Centro Especializado de Esgrima BENXAMÍN Martes 16:00 a 17:30 h Individual 1 1
ALEVÍN Xoves
Xadrez Palacio Municipal de Deportes de Riazor BENXAMÍN Venres 18:00 a 20:00 h Individual 1 1
ALEVÍN
ESO (1º a 4º da ESO)
Xadrez Palacio Municipal de Deportes de Riazor ESO Venres 18:00 a 20:00 h Individual 1 1
Hóckey Sala Polideportivo Municipal Ventorrillo ESO Mércores 18:00 a 19:00 h 4x4 4 8
Atletismo Pistas de Atletismo Universidade de Elviña ESO Venres 17:30 a 19:30 h Individual 1 1
Rugby Cidade Deportiva da Torre ESO Luns 17:00 a 18:00 h 5x5 5 10

ENTIDADES COLABORADORAS

  • Baloncesto: Club Básquet Coruña
  • Balonmano: Club Balonmano OAR Ciudad Vieja
  • Ajedrez: Asociación Gallega de Ajedrecistas
  • Tenis: Escuela de Tenis Marineda
  • Hóckey Sala: Escuela Hockey Hierba A Coruña
  • Atletismo: Club Marineda Atlético, Club Riazor Coruña y Club Coruña Comarca
  • Esgrima: Club Esgrima Coruña, Club Zalaeta 100tolos y Escuela Gallega de Esgrima
  • Rugby: Club de Rugby Arquitectura Técnica
  • Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos

MÁS INFORMACIÓN

En caso de precisar más información o de tener dudas sobre el programa, pueden ponerse en contacto con el Servicio Municipal de Deportes a través de la dirección electrónica xogosescolares@coruna.es o en el teléfono 981 189 800 Ext. 25037 / 25038

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?