Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

9 de noviembre de 2018

Xiao Varela salienta que as medidas de eficiencia impulsadas polo goberno local permiten un aforro de ata 600.000 euros anuais no gasto enerxético do Concello

A Concellería de Rexeneración Urbana inicia este mes un servizo de xestión do subministro que permitirá obter información útil para avanzar na redución do consumo de enerxía. O edil evidencia que a renovación do sistema de alumeado, que pasou dunha antigüidade media de 22,3 anos aos 16,2, e a introdución de tecnoloxías máis sostibles redundan nunha redución que permitiu absorber o incremento do prezo da enerxía nos últimos anos.

As medidas postas en marcha polo Goberno local para a mellora da iluminación do espazo público e a xestión eléctrica supuxo un aforro de 600.000 euros nos últimos anos a pesar do aumento no prezo da enerxía. O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, considera que as medidas de optimización levadas a cabo "non só absorberon o impacto da escalada de prezos da enerxía na factura do Concello, que ascendeu por riba do 30%, senón que conseguiron reducir o gasto, nuns 600.000 euros, respecto a 2012, o ano que se comezou a realizar unha análise detallada da factura eléctrica".

O Goberno local aplica criterios de sostibilidade nas instalacións eléctricas do espazo público, nas que se atende tamén á redución da contaminación lumínica, a eficiencia, a seguridade industrial ou o embelecemento urbano. Como consecuencia, produciuse unha diminución na potencia necesaria para o alumeado público (un 10% menos) así como no consumo (9,3% inferior respecto a 2012). "O responsable dende un punto de vista ambiental e de xestión do consumo é introducir medidas de optimización no alumeado público que nos permiten ter unha rede máis sostible e que precisa de menos enerxía para funcionar mellor", indica Varela. Estes criterios concrétanse en actuacións sobre a tecnoloxía do sistema de alumeado, no que se acometeron obras para neutralizar o envellecemento da rede e rebaixar a antigüidade media da instalación dos 22,3 anos de 2012 ata os 16,2 que presenta en 2018. Todas as actuacións que supoñen investimento e conservación da rede conlevan un estudio técnico dende o punto de vista da eficiencia enerxética e, dende o pasado ano, tamén de contaminación lumínica, no que se ten en conta como afecta as fachadas dos edificios e ao ceo.

O goberno local aborda tamén a renovación das luminarias, nas que se están a eliminar as antigas de vapor de mercurio que teñen residuos contaminantes (das que quedaban 2.293 en 2012 e 629 o pasado ano), por novas con tecnoloxía LED. Estas, ademais dunha vida útil máis longa, permiten tamén graduar os niveis de iluminación segundo as horas do día e as necesidades da zona, co seu conseguinte aforro, pero sempre mantendo unha intensidade que garanta a sensación de seguridade das persoas na rúa. O investimento en tecnoloxía afecta tamén aos cadros de control, nos que se están a substituír os que realizaban o consumo por estimación (quedaban 40 en 2017 fronte aos 193 que había en 2012) mentres que se introducen os telexestionados (pasouse de 119 en 2012 a 223 en 2017). "Son novidades que se van introducindo en cada obra que realizamos de renovación do alumeado, como xa sucedeu en tramos da Ronda de Nelle, Alfonso Molina, Paseo Marítimo ou, máis recentemente, na Ronda de Outeiro, Rosales ou Matogrande", exemplifica Varela, que lembra que se está a traballar tamén no polígono da Grela para reformar o sistema dende un punto de vista sostible. A estas accións súmaselle dende o 1 de novembro o servizo de xestión integral de subministros eléctricos "que permitirá ter información específica para deseñar e implementar sistemas de control automatizados e que xerarán data útil para continuar tomando decisións que incidan no consumo e no gasto de enerxía".

Estratexia contra o cambio climático

As actuacións en materia enerxética do Concello, tal e como indica o edil, enmárcanse dentro das accións de loita contra o cambio climático que se expanden de maneira transversal nas políticas do Concello. Así, Varela lembra que a pasada xunta do goberno local autorizou o gasto de case 7 millóns de euros para a contratación do subministro de enerxía eléctrica renovable de baixa e media tensión, que permitirá que "o 100% da enerxía que se contrate dende o Concello sexa certificada como renovable". A responsable municipal de Medio Ambiente, María García, explica pola súa banda que o Goberno local está a traballar no plan municipal de Infraestrutura Verde, agora mesmo en redacción, e tamén a estratexia de adaptación ao cambio climático, dous documentos precisos para detallar a estratexia do municipio, "o que non impide que se estean a dar pasos neste sentido". Así, na Oficina do Cambio Climático participan dende o 2016 representantes de todas as áreas do Goberno local para poñer en marcha proxectos "que melloren a resiliencia da cidade dende puntos de vista da mitigación, a adaptación e a concienciación social ante este problema".

"A estratexia de loita contra o cambio climático no municipio é unha política transversal dende a que se pode traballar en moitos campos. Pasa por ofrecer alternativas de mobilidade, como a ampliación e a creación dun carril bici funcional ou as rebaixas e as melloras no sistema de transporte público; melloras na xestión dos residuos, cunha mellor separación en orixe ou a introdución da compostaxe caseira; a introdución da innovación que permite que a EDAR de Bens produza biogás para o transporte; contar as melloras de eficiencia enerxética entre os supostos que cobren as axudas para rehabilitación de edificios ou incidir na naturalización da cidade a través da expansión do arborado ou o proxecto Bosques da Coruña", indica García. Ademais, o Goberno local ten iniciado proxectos que buscan a redución de residuos durante as festas e eventos, iniciativas relacionadas co consumo responsable e a soberanía alimentaria con máis de 300 parcelas de hortas urbanas, mercados ecolóxicos ou o impulso aos mercados municipais, así como campañas educativas.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?