Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

5 de diciembre de 2018

O Concello conmemora o Día do Voluntariado á vez que impulsa o cumprimento do plan de expansión do arborado, coa plantación de 20 novos exemplares no Parque de Oza

As entidades que conforman a Plataforma Coruñesa de Voluntariado contan dende hoxe cunha árbore que rememora o traballo a prol da inclusión que realizan. O goberno local rematará o ano tendo acadado o seu obxectivo de ampliar un 10% o número de árbores na cidade en tan só un exercicio.

O Concello da Coruña conmemorou hoxe o Día Internacional do Voluntariado coa plantación de 20 novas árbores no Parque de Oza, nunha zona que dende esta xornada pasa a denominarse Bosque do Voluntariado. A concelleira de Medio Ambiente, María García, e a titular de Xustiza Social, Silvia Cameán, presidiron este acto, solicitado pola Plataforma Coruñesa do Voluntariado. As responsables municipais explicaron que, ademais de render homenaxe ás persoas e entidades sociais da cidade que levan anos traballando a prol da inclusión da veciñanza máis desfavorecidas, "con esta nova plantación, o goberno local dá un paso máis cara o obxectivo marcado de acabar 2018 cun 10% máis de arbores na cidade, dentro do Plan de Expansión de Arborado". "Estimamos que o obxectivo estará máis que superado entre esta plantación e a seguinte que temos prevista, na Grela, neste caso da man da Confederación de Empresarios", comentou María García.

Das 20 árbores plantadas, 14 contan cunha placa, xa que representan a cada una das entidades que forman parte da Plataforma do Voluntariado: ADRA, Asociación Española contra o Cancro, Ayuda en Acción, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer da Coruña (Afaco), Banco de Alimentos Rías Altas, Cáritas Interparroquial, Cruz Roja, Entreculturas, Terra de Homes, Manos Unidas, Oxfam Intermon, RedMadre, Voluntariado Social Fonseca e a Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña. "Esta é a primeira acción de plantación ligada a un colectivo da cidade que facemos no ano, precisamente porque é necesario buscar o momento e a estación adecuada", indicou a titular de Medio Ambiente. As especies plantadas este mediodía correspóndense con seis pradairos, cinco carballos, tres carballos americanos, catro carballos turcos e dúas castiñeiras.

No transcurso do acto, representantes das entidades que forman parte da Plataforma Coruña de Voluntariado leron un manifesto con motivo da efeméride na que reivindicaron a súa intención de "colaborar, crer e crear un mundo onde conten todas as persoas". "Somos unha lexión imparable disposta a seguir cambiando o mundo. Un cambio dirixido a lograr os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable establecidos na axenda 2030, onde se recoñece aos grupos de persoas voluntarias como axentes de transformación social", manifestaron.

Ademais deste acto, o Pazo de María Pita tamén acolleu esta maña un acto de agradecemento ao máis dun cento de voluntarios e voluntarias que realizan actividades no ámbito da educación, o acompañamento e a inclusión social nos centros cívicos da cidade. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e a concelleira de Xustiza Social, Silvia Cameán, presidiron este evento no que salientaron "o labor dos e das voluntarias, que supón un exemplo de solidariedade e que contribúe ao fomento da inclusión e das relacións interpersoais". Os e as voluntarias realizaron ao longo no ano distintos talleres e actividades, como os de alfabetización e adquisición de coñecementos xerais para adultos, apoio escolar, clubs de pintura, xadrez, sendeirismo urbano, danza ou canto, entre moitos outros.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?