Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

6 de diciembre de 2017

O Concello completa as obras de mellora da área de xogos da praza Isaac Díaz Pardo, "para convertela no grande espazo de inclusión no barrio de Elviña"

O edil Xiao Varela lembra que o goberno local “revisou en profundidade o proxecto á súa chegada a María Pita”, e agora amplía o número de prazas de persoas usuarias “e pon énfase na naturalización dos ambientes, elementos e materiais de xogo”

O Concello da Coruña vén de completar a renovación, ampliación e mellora da zona de xogos infantil situada na praza Isaac Díaz Pardo. Tal e como destaca o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, a obra seguiu os criterios de deseño para as áreas infantís do goberno local, e que xa puxo en práctica en espazos como a zona de xogos na Praza de Tolerancia. "Os criterios poñen énfase na naturalización dos ambientes, elementos e materiais dos xogos", explica Varela, "e poñen en valor o espazo de xogo como unha ferramenta de inclusividade, ademais de prestar maior atención ás persoas coidadoras". Deste xeito, a nova área de xogos de Elviña "converterase no grande espazo de xogo do polígono e atenderá tamén a necesaria conquista do espazo público por parte da veciñanza de todas as idades", segundo sinala o concelleiro.

A área de xogos licitouse por 230.793,92 euros, e conta con financiamento da Deputación da Coruña, ademais de municipal. Sobre o proxecto inicial para a zona que tiña a anterior corporación, "o goberno actual revisou en profundidade a proposta baixo os criterios de deseño nos que se están a traballar desde Rexeneración Urbana, o que permitiu, entre outras cuestións, ampliar o número de prazas para persoas usuarias, adaptar a posición dos xogos e manter en pé un castiñeiro", expón o responsable de Rexeneración Urbana. Deste xeito, o novo espazo presentará, en total, dúas áreas de xogo diferenciadas, unha infantil e outra para nenas e nenos de máis idade, cada unha delas coa súa respectiva duna de area --de dous metros e medio de alto para os de maior idade, e de metro e medio para as e os máis cativos--. A zona, á que xa se pode acceder, conta con varias estruturas de xogo, entre os que se inclúen oito postos de randeeiras, castelos, rocódromos, tirolinas, tobogáns e unha estrutura piramidal de redes para escalada. Ademais, o espazo conta cunha ampla superficie con asentos na zona centro, para facilitar o labor das persoas coidadoras para que poidan visualizar as entradas e saídas dos máis cativos e cativas en todo momento.  

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?