Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

6 de noviembre de 2018

O Concello abre o prazo de inscrición para participar no VII Coruña Corre así como na Carreira Popular de Novo Mesoiro, que se celebrará o 25 de novembro

A sétima tempada da serie municipal amplía o número de probas e estenderase até final de 2019. O vindeiro 21 de novembro terá lugar a entrega de premios da pasada edición e a presentación pormenorizada das novidades deste ano

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento abrirá mañá o prazo de inscrición para participar na sétima edición do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre, o programa municipal que propón a celebración probas deportivas de entre 5 e 7 quilómetros de percorrido que se desenvolven, ao longo do ano, en distintos barrios da cidade. A principal novidade nesta edición, que seguirá a incidir na vertente saudable da práctica deportiva así como na descentralización da súa programación, será a ampliación da tempada, que se estenderá até final de 2019 para adaptarse ao ano natural, seguindo as indicacións da Real Federación Española de Atletismo. Como consecuencia desta medida, o Concello aumentará tamén o número de probas, pechando así a VII edición coa gala final no mes de decembro.

A partires de mañá, mércores 7, e a través do web www.coruna.gal/carreiraspopulares, ábrese o período para formalizar a participación no circuíto, ao que poden asistir atletas populares así como federadas e federados. A inscrición permitirá formar parte das clasificacións da serie de carreiras, así como poder optar aos seus premios. Nesta edición estableceranse as categorías definidas polos regulamentos da IAAF, RFEA e FGA e, de cara a promocionar a práctica deportiva entre as máis novas e novos, manterase a categoría pre-benxamín, da que poderán formar parte as nenas e nenos que conten con 4 anos de idade no momento da celebración da primeira carreira do circuíto, o 25 de novembro en Novo Mesoiro. Así, haberá sete modalidades para maiores de 18 anos (sub 20, sub 23, sénior e catro de veteranos) e seis de menores de idade (sub 18, sub 18, sub 14, sub 12, sub 10 e pre-benxamín).

Para as e os menores de idade a participación será gratuíta, mentres que para as e os maiores de idade a cota de inscrición para o circuíto será de 10 euros. As persoas maiores de 65 anos, desempregadas ou posuidoras do Carné Xove gozarán de bonificación e aboarán 7 euros. No caso daquelas persoas que prefiran inscribirse individualmente ás carreiras, a cota en cada unha delas será de 2 euros (ou de 1€ no caso do colectivo con bonificación).

O período de inscrición no Circuíto manterase aberto, como novidade, até o peche do prazo de inscrición na cuarta das probas, a IX Carreira Popular Torre de Hércules, que nesta ocasión terá lugar o 23 de marzo.  Como é habitual, será necesario confirmar a participación en cada carreira realizando a inscrición de cara a figurar na lista de participantes da mesma, así como contribuír á seguridade organización da cita. Para máis detalles sobre o proceso de cronometraxe, uso de chips e dorsais, así como as distintas clasificacións --individual, equipo mixto, familiar ou diversidade--, pódese consultar, a partires de mañá, o regulamento do circuíto tamén no espazo web de Carreiras Populares en www.coruna.gal.

VIII Carreira Popular de Novo Mesoiro

A primeira das carreiras terá lugar o vindeiro domingo 25 de novembro, en Novo Mesoiro. O prazo de inscrición para participar na oitava edición desta proba permanecerá aberto tamén desde mañá, mércores 7, até as 23.30 horas do día 21, a través da páxina web municipal www.coruna.gal/carreiraspopulares. A proba absoluta, cun percorrido duns 5.353 metros aproximadamente, dará comezo ás 10.30 horas na rúa Ancares, á altura do polideportivo municipal e, a continuación, a partires das 11.35 horas --despois do peche de control--, terán lugar as carreiras de menores de 18 anos. Como é habitual haberá servizo de duchas e de gardarroupa no polideportivo. Neste mesmo recinto poderanse retirar os dorsais durante a fin de semana do 24 --entre as 11.00 e as 20.30 horas-- e 25 de novembro --desde as 9.00 e até media hora antes da saída de cada carreira--.  A entrega de premios producirase o propio domingo ás 13.00 horas, unha vez finalicen as probas de menores.

Coruña Corre continuará o domingo 16 de decembro nos Rosales. Xa no 2019, a primeira cita será o 13 de xaneiro coa IV Carreira Popular Matogrande; no mes de marzo, o sábado 23 a IX Carreira Popular nocturna Torre de Hércules; e o 2 de xuño a XII Baixada Popular de Cross San Pedro de Visma. Á volta do verán, o 9 de setembro, o circuíto municipal retomará a actividade coa VIII Volta a Oza, á que seguirá o 20 de outubro a VII Ventorrillo. Coa adaptación do calendario, a serie continuará o 3 e o 24 de novembro en Novo Mesoiro e Os Rosales, respectivamente, e a gala final da tempada celebrarase o 12 de decembro, como é habitual, no Centro Ágora

Gala Coruña Corre

Precisamente o 21 de novembro, coincidindo co fin de prazo de inscrición da VIII Carreira Popular de Novo Mesoiro, celebrarase no centro Ágora a gala de peche do circuíto Coruña Corre da pasada tempada. Durante o evento, que comezará ás 20.00 horas, daranse conta, de xeito pormenorizado, das novidades desta edición e outorgaranse os premios ás primeiras persoas clasificadas en cada categoría, así como aos grupos mixtos e de familiares gañadores do circuíto.

A sesión tamén servirá para dar a coñecer as datas de apertura das inscricións do Medio Maratón Coruña21, Coruña42 e Coruña10 entre as e os asistentes --que se celebrarán os días 17 de febreiro, 14 de abril e 6 de outubro, respectivamente--, e outras novidades vinculadas ás mesmas.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?