Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

7 de noviembre de 2018

O alcalde comprométese a “ser a voz das e dos traballadores coruñeses de Alcoa” na reunión que mañá manterá coas ministras de Industria e Transición Ecolóxica para definir unha postura común para frear o peche

O rexedor participará nunha xuntanza na que, ademais das representantes do Estado, tamén están convocados os presidentes da Xunta e Galicia e do Principado de Asturias, ademais da alcaldesa de Avilés

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, acudirá mañá a Madrid, a unha reunión no Ministerio de Industria para tratar de acadar unha solución favorable para os e as traballadoras das fábricas de Alcoa na Coruña e en Avilés afectadas por un ERE de extinción. Alí, e segundo explicou aos medios antes dunha reunión en María Pita co comité de empresa da factoría, a súa intención "é a de ser a voz das e dos traballadores da planta coruñesa". O rexedor --que dende que se coñeceu a intención da multinacional de pechar a fábrica da Coruña demanda a creación dunha fronte común entre administracións e formacións políticas para loitar contra o peche-- reunirase, ademais de coas ministras de Industria, Reyes Maroto, e de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, co presidente e o conselleiro de Economía da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e Francisco Conde, o presidente do Principado de Asturias, Javier Fernández, e a rexedora de Avilés, María Virtudes Monteserín.

"O obxectivo da xuntanza deste mércores é a de falar cos representantes do comité, xa que tratarei de trasladar todas as súas demandas", dixo Ferreiro, que evidenciou a necesidade de que mañá "se defina unha postura común de actuación". "É preciso que isto se visualice mañá e que, a pesar das diferenzas de cores políticas e de administracións, non haxa voces discordantes, xa que unanimidade nos dá maior lexitimidade", apuntou.

O goberno local xa amosou o seu respaldo á proposta para a continuidade das plantas da Coruña e Avilés efectuada polo comité de empresa de Alcoa Inespal e que foi remitida tanto á Xunta como ao goberno do Estado. A mesma solicita, en primeiro lugar, a retirada do expediente de despido colectivo, así como o estabelecemento dos mecanismos necesarios e de urxencia para evitar que ambas factorías poidan entrar en parada técnica. Crear unha mesa con todas as partes implicadas para traballar a prol da continuidade. Preparar e establecer un novo regulamento enerxético e vincular a concesión de calquera axuda ás empresas ao mantemento de postos de traballo e as instalacións son outros dos puntos expostos, que ademais contempla a vixilancia e regulación da entrada de metal externo de plantas de Alcoa polos peiraos estatais.

Antes da reunión e a preguntas dos medios, o presidente do comité de empresa, Juan Carlos López Corbacho, instou á multinacional "a que, polo menos unha vez na vida dende que entraron en España, teña un pouco de cordura e se sente a dialogar, retirando o expediente enriba da mesa". "Ao Estado o que lle pedimos, visto que xa pasaron moitos días dende que se declarou o expediente de regulamento, é que actúen con contundencia", apuntou.

Concurso de Traslados

Noutra orde de asuntos, Ferreiro tamén foi preguntado a respecto da sentenza do xulgado do contencioso administrativo número 2 da Coruña de relativa ao nomeamento en comisión de servizos de 156 funcionarios e funcionarias do Concello. O alcalde reiterou a intención do goberno local de recorrer a sentenza, que non é firme, ao entender que o Concello xa está a activar as ferramentas para dar solución a esa situación mediante a convocatoria dun concurso de traslados cuxas bases foron pactadas coas centrais sindicais. "Cando entramos en María Pita eramos conscientes de que este Concello levaba moitos anos sen que se producise nel un concurso de traslados. Nese tempo, as necesidades dos sucesivos gobernos foron atendéndose a través de ferramentas provisionais, as comisións de servizo que, con todo, son legais e usadas polas administracións", explicou o primeiro edil, que recordou o traballo desenvolvido polo executivo local para atallar esta situación que, entre outras cousas, convocou comisións de servizo que, por primeira vez, tiñan baremos obxectivos e libre concorrencia. "Pero, á marxe disto, a nosa fórmula para tratar de solucionar isto foi convocar un concurso de traslados aínda que, para iso, antes houbo que facer outras cousas que ninguén abordara, como a modificación da RPT ou pasar por unhas negociacións sindicais para elaborar as bases deste concurso, que está en tramitación e cunha segunda fase xa acordada", comentou, para incidir en que, no medio deste proceso de solución, se coñeceu á sentenza do xulgado. "Creo que o recurso que presentou o sindicato CIG ante o xulgado e o que nos estamos a levar a cabo busca o mesmo, ordenar toda esta situación. Estamos no camiño", aclarou.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?