Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

6 de noviembre de 2019

Martínez Acón comprométese a colaborar para que o sector pesqueiro mellore na promoción do seu produto

A concelleira de Industria participou no acto de clausura do VII Congreso de Sostibilidade Social e Económica do Sector Pesqueiro, organizado pola Fundación FREMMS na Lonxa

A concelleira de Industria, Eva Martínez Acón, clausurou esta mañá o VII Congreso de Sostibilidade Social e Económica do Sector Pesqueiro, organizado pola Fundación FREMMS, no que se expuxeron os principais problemas da pesca para os que profesionais do ámbito e do mundo da ciencia e da administración aportaron solucións. A edila destacou a interrelación permanente da cidade co sector pesqueiro e comprometeuse a colaborar para darlle a valorización a un pescado e marisco que non os hai noutra parte do mundo, pero que necesitan unha mellor promoción.

Martínez Acón sinalou que A Coruña e o Porto teñen que ser un e que o Goberno local e o autonómico "deben ir igualmente da man para adecuar a infraestrutura ás esixencias do mercado, seguindo sempre as premisas de sostibilidade e seguridade alimentaria". Engadiu que hai que incidir nese descenso no consumo de peixe e facer ver a importancia dunha dieta basada en proteína mariña para que a veciñanza se conciencie e valore o que están mercando.

A concelleira agradeceu á Fundación FREMMS a organización dunha cita na que se abordou a obriga de desembarque, os tac's, as cotas insuficientes, a incerteza ante as posibles consecuencias do brexit ou o descenso na compra de pescado e asegurou que a política ten que xogar un papel decisivo á hora de tomar decisións estratéxicas de cara a mellorar a realidade da pesca.

Ao acto tamén acudiron Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas; Julio Abalde, rector da Universidade; Enrique Losada, presidente da Autoridade Portuaria; Javier Fraga, de Banca Mar, Abanca; e Juan Carlos Corrás, presidente de FREMMS.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?