Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

9 de agosto de 2018

Culturas presenta a nova edición do Festival Manicómicos, "unha proposta ateigada de humor e irreverencia" que se celebrará entre o 15 e o 19 de agosto en 10 zonas da cidade

O edil José Manuel Sande destaca a aposta do goberno local pola promoción das artes escénicas para todos os públicos no marco das festas de María Pita

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou esta mañá no Pazo de María Pita o cartel e a programación do XVIII Festival Manicómicos, iniciativa de artes escénicas dirixida a todos os públicos e que se desenvolverá do 15 ao 19 de agosto en dez localizacións diferentes do termo municipal. Tal e como apuntou o edil, o festival, impulsado pola Asociación Cultural Manicómicos, "cumpre este ano a maioría de idade dando conta como proposta asentada no programa cultural e de lecer da cidade". "O Festival Manicómicos é xa un dos eventos tradicionais da programación das festas de María Pita, en especial de cara a segunda metade, e mantén esa tradición de humor, creación e irreverencia para todas as idades que ofrece a través do teatro cómico, clown e circo contemporáneo", expuxo o concelleiro.

O XVIII Festival Manicómicos conta nesta edición con cinco persoas na súa dirección, entre as cales está o actor Carlos Sante, da AC Manicómicos, quen tamén asistiu á presentación. "Este ano ofrecemos unha programación ampliada, cunha nova xornada, á vez que variada, con propostas moi interesantes e arriscadas que chegan de Madrid, Andalucía, Arxentina, Euskadi, Francia e Galicia, e que se pechará, como é habitual, cunha gran gala na que participarán tanto artistas locais como invitados", apuntou o cómico, quen lembrou que, desde esta fin de semana comezarán as accións de rúa previas ao festival para dalo a coñecer entre a veciñanza. As intervencións, segundo sinalou Sante, terán lugar nos mercados municipais, autobuses e distintas prazas da cidade.

O festival comezará o 15 de agosto a través de dous espectáculos de acrobacias e circo contemporáneo, Totum Revolutum e Distans, que as compañías Vueltos de Rosca e Vol'e temps ofrecerán respectivamente no Campo da Leña. As propostas repetiranse ao día seguinte, o xoves 16, tamén no mesmo escenario, pero en horario diurno. Pola tarde a programación trasladarase á Cidade Vella, cos espectáculos Humanus Comicus, de Niño Costrini --Praza de Azcárraga, ás 19.00 horas--, La Madeja, na que Irene Paz fará equilibrios sobre cable --Praza da Constitución, ás 20.30 horas-- e Ahora, e Maite Guevara --a partires das 22.00 horas na Praza das Bárbaras--.

Xa na xornada do vernes, Humanus Comicus e La Madeja representaranse na praza das Conchiñas --ás 12 e ás 13.00 horas, respectivamente--, e de cara á tarde, o Parque de Santa Margarida acollerá, en distintos espazos a partires das 19.00 horas, as propostas Attention Danger, de Nezdames&Nezsierus, Welcome, de Imaginario Teatro, e a segunda función de Ahora.  De cara ao sábado, a acción trasladarase pola mañá ao Paseo das Pontes, coas propostas Sin Medidas, de Jano --ás 12.00 horas--, e Attention Danger --13.00 horas--. Pola tarde, a dársena da Mariña será o escenario para Life, de Hiltoff y Pelito, e Welcome. Finalmente, contra ás 22.00 horas, terá ligar Slips Experience, dos belgas Okidok.

O domingo 19 será a última xornada do festival. Pola mañá a acción situarase nos xardíns de Méndez Núñez, con espectáculos a partires das 12.00 horas, e coa gala de peche do festival, que comezará ás 19.00 horas no anfiteatro do parque de  Santa Margarita. Para máis información sobre as festas de María Pita, así como do Festival Manicómicos, pódese visitar o web municipal www.coruna.gal

Documentos:

Programación XVIII Festival Manicómicos 1 (1 MB)

Programación XVIII Festival Manicómicos 2 (1011 KB)

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?