Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

5 de diciembre de 2017

As praceiras e os praceiros dos mercados municipais acenden a iluminación de Nadal, que chega a todos os barrios o mesmo día no que arrincan as actividades en María Pita

A praza do Concello acolle dende hoxe as súas actividades de Nadal, que contarán coa ‘Casa dos Xoguetes’, as visitas de Papa Noel e actuacións artísticas de contacontos e títeres

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, acompañado de representantes das praceiras e praceiros dos mercados municipais procedeu a acender a iluminación de Nadal coa que contará a cidade estas festas. Este ano, e como novidade, o acto de acendido trasladouse dende a Praza de María Pita até a Avenida do Porto, na que se atopa a esfera de luz, unha das pezas máis características da iluminación coruñesa dende 2016 e que, nesta edición, será transitable polo seu interior, ao igual que a tradicional árbore de luces do Obelisco, de 20 metros de altura.

Ademais de nestas zonas e na praza e na fachada de María Pita, a iluminación estará presente en todos os barrios da cidade, a través de case 190 puntos de luz, en avenidas e prazas, co obxectivo de que esta ornamentación tamén sirva como punto de encontro para a veciñanza. En concreto, o alumeado municipal comprende 524 arcos transversais, 100 farolas, 5 máis de carácter especial, 77 árbores e 23 decoracións específicas. Destacan, entre estas, as 8 linguas de luz da dársena da Mariña, o teito de luz da Praza de Lugo, o piñeiro de 5 metros da glorieta de América, ou as amendoeiras iluminadas do Parque de Oza e da Praza da Tolerancia. Os mercados municipais de San Agustín, Adormideiras e Monte Alto tamén contarán con iluminación nas súas fachadas. A retirada da mesma comenzará a partir do 7 de xaneiro.

Ademais do acendido das luces, hoxe tamén comezarán as actividades de Nadal da Praza de María Pita, un espazo lúdico que contará, entre outras actividades, cun carrusel clásico, un tren sobre vías, unha noria, jumping, inchables, simulador de snowboard, photocalls, etc... As actividades na praza completaranse ademais coa Casa dos Xoguetes, que estará operativa até o 1 de xaneiro e que serve como punto de intercambio de obxectos. Impulsado pola Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) ten por lema Un agasallo, un sorriso. O proxecto, de carácter solidario e que trata de favorecer a segunda vida dos obxectos e o consumo responsable, comezou xa o pasado 27 de novembro, cando se abriu o prazo para poder facer entrega de xoguetes e obxectos tanto novos como usados nun local habilitado a tal efecto en Pedro Barrié de la Maza. A partir de hoxe, as persoas que o desexen poderán achegarse até o stand habilitado en María Pita para depositar ou recoller xoguetes, en horario habitual de 17.00 a 20.00 horas, e ampliándose o fin de semana con horario de mañá de 12.00 a 14.00 horas. A Casa dos Xoguetes pasará a abrir de mañá e tarde a partir do día 21 de decembro.  As actividades do Nadal en María Pita tamén contará coa Visita de Papa Noél, que atenderá aos nenos e nenas do 5 ao 8, do 11 ao 15 e do 18 ao 21 en horario de 17.00 a 21.00 horas, e os días 9, 10, 16, 17, 22 e 23 de decembro de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas. O 24 de decembro habilitarase un horario especial, de mañá e tarde.

Ademais, e como outra das novidades deste ano, o Nadal na praza de María Pita contará con actividades lúdicas a partir das 18.00 horas relacionadas coa maxia, os títeres e os contos. Hoxe poderá verse o espectáculo Enygma, de Christian Magic, mentres que o día 6 tocaralle o turno a Mamá, quero ser artista, de Gemola. O día 7 será o turno de Momentos Máximos, de Mago Rafa, mentres que o 8 Sue More e Fani Triana actuarán con Acrobacias máxicas. Martín Camiña, o día 9, con Intres de maxia, e o 10, Caxoto Contacontos con Un Paxe Real e o 16 con O Apalpador conta con vós. O 17 de decembro, está programada a actuación de Raquel Queizás con O segredo do tendal, mentres que o 21 será Contos para un caldiño, de Baobab teatro e o 23 Pim, pam, pum, de Gemola, que duplicará a actuación con Volve a casa por Navidade. O 24 o Mago Rafa terá dúas actuacións: InfantiMaxia e Historias dun Ilusionista, mentres que o 25 Noemí Miranda e Marta Iglesias actuarán con Impro Eureka e Pizpireta e Rigolina; Chrystian Magic estará o día 26 con Alén da Maxia e Kimera, mentres que o 27 tocaralle a quenda a AsacocircO con AsacocircO Show e Circo de fuego, sendo o 28 a xornada dos NanoContos de Raquel Queizás e de A maleta da avoa. O día 29 serán os espectáculos de Martin Camiña, Maxia e Música baixo as estrelas e Abraios sonoros, mentres que o 30 de decembro tocará o turno da actuación Títeres Falcatrúa, con Linocho e a lúa e o Espíritu do bosque.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?