Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

17 de julio de 2019

A Xunta de Goberno anula o procedemento negociado sen publicidade para a prestación dos servizos bibliotecarios ante a resolución do Tacgal

A alcaldesa Inés Rey afirma que o Concello sacará unha nova licitación e que o importante é garantir a estabilidade dos traballadores e os seus salarios

A Xunta de Goberno aprobou hoxe a anulación do procedemento negociado sen publicidade para a prestación dos servizos bibliotecarios na rede municipal ante a resolución do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autonómica de Galicia (Tacgal). A alcaldesa Inés Rey declarou que non se atoparon indicios da "imperiosa urxencia" que motivou nese día esa licenza e engadiu que sacarán unha nova licitación porque isto implica o pago das facturas con reparos. A rexedora explicou que o máis importante é garantir a estabilidade das traballadoras e traballadores e os seus salarios para que "o servizo se preste en óptimas condicións".

Ademais, na sesión se lle deron luz verde aos novos pregos das cláusulas administrativas particulares para a contratación por 1.600.000 euros anuais  da concesión durante dous anos, prorrogables a outros dous, do servizo de axuda a domicilio (SAD 1), en base ao cumprimento da resolución 37/2019 do Tribunal Administrativo de Contratación pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tamén se asinou a execución da sentenza firme do TSXG de 21/06/2018 pola que se declara a nulidade do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local o 25/01/2014 polo que se concedía licenza de obra para a construción dunha área destinada a suministro de combustible no aparcamento a ceo aberto do hipermercado Carrefour, sito na avenida Alfonso Molina.

Por outra parte, a Xunta de Goberno aprobou a prórroga do contrato do servizo de grúa e depósito de vehículos estacionados na vía pública á UTE composta por Valoriza Servicios Medio Ambientales S.A, Sogesel Desarrollo e Gestión S.L, dun ano de duración comprendido entre o 31/07/2019 e o 30/07/2020.

En canto á infraestruturas, aprobouse a execución das obras nos vestiarios e no campo de fútbol de herba artificial de Eirís e os traballos de conservación e mantemento no terceiro departamento do cemiterio de San Amaro, que estará financiado nun 80% polos fondos FEDER (Estratexia DUSI). Entre outros puntos, autorizouse o gasto e aprobación da firma do convenio de colaboración co Club Básquet Coruña e o Hockey Club Liceo de A Coruña.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?