Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

11 de junio de 2019

A contorna do Pazo dos Deportes de Riazor acolle este domingo a 32ª edición do Día do Deporte na Rúa e na Praia

A cita celebrarase entre as 11.00 e as 14.00 horas e ofrecerá a oportunidade de coñecer 49 disciplinas deportivas diferentes

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou esta mañá no Pazo de María Pita a XXXII edición do Día do Deporte na Rúa e na Praia, que terá lugar o vindeiro domingo, 16 de xuño, en Riazor. A iniciativa, que se desenvolverá entre as 11.00 e a 14.00 horas, é unha proposta estable "que dá á veciñanza a oportunidade de achegarse ao deporte a través dunha actividade lúdica e aberta a todos os públicos". "Esta xornada sitúase na liña de toda a actividade que se desenvolve ao longo do ano a través de programas como as Escolas Deportivas Municipais ou Coruña en Forma, e na que  intervén o tecido de base coruñés", expuxo Sande. Deste xeito, participarán un total de 53 clubs locais e de Galicia, ademais de 4 federacións deportivas e outras 8 entidades colaboradoras.

A xornada desenvolverase na contorna do Pazo dos Deportes, incluíndo a rúa Manuel Murguía, o aparcadoiro do centro deportivo, e o andén e praia de Riazor. En total a veciñanza poderá disfrutar da práctica deportiva de medio cento de disciplinas, que se desenvolverán en 49 estacións diferentes. Así, as persoas que se acheguen a Riazor poderán gozar da halterofilia, atletismo, windsurf, vela, remo, piragüismo, tiro con arco, rápel, péntatlon moderno, escalada, tenis de mesa, roller derby, balonmán praia, patinaxe, fútbol gaélico, tenis adaptado, chave, hípica, béisbol, baloncesto, skate ou dardos, entre outros. Como novidades este ano presentaranse deportes como o dúatlon e xtreme fit e, ademais, haberá diferentes disciplinas adaptadas, entre as que se atopan a esgrima ou o tenis, para as persoas con diversidade.  

O XXXII Día do Deporte na Rúa e na Praia comezará ás 11.00 horas da mañá e todas as persoas que participen poderán recoller en cada unha das 49 estacións o seu carné de deportista. No reverso do mesmo aparece a palabra 'DEPORTE' e cada unha das letras está acompañada de tres cadros que se selarán a medida que a persoa xogue en cada unha das estacións, agás no caso dos deportes considerados minoritarios, nos que se selarán varios espazos, co obxectivo de seren visibilizados durante a celebración do evento. Cada vez que se complete unha letra, poderá presentarse o carné no posto de control de Riazor, onde as e os deportistas recibirán unha camiseta conmemorativa --tras o selado da letra D-- ou un número específico para participar nun sorteo. Cada letra ten asignado un premio polo que, cantas máis letras se completen, máis posibilidades de acceder a premios terá a persoa.  

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?