Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

7 de noviembre de 2018

A Concellería de Medio Ambiente recolle máis de 260 achegas durante período público de consultas sobre o prego de limpeza viaria

A edil María García salienta que 15 entidades realizaron suxestións durante este proceso “innovador e pioneiro” para este tipo de contrato público, no que tamén se mantiveron numerosas entrevistas co comité de empresa do persoal co obxectivo de mellorar o funcionamento do servizo

A Concellería de Medio Ambiente recolleu máis de 260 propostas de 15 entidades durante o período de consulta pública ao que someteu os pregos para a contratación do servizo de limpeza viaria, un proceso "pioneiro e innovador para este tipo de contratos". A edil de Medio Ambiente, María García, incidiu no novidoso dun sistema que xa se aplicou ao prego de xestión de residuos e que permite que aos principais axentes do sector participar e opinar sobre o desenvolvemento dun servizo básico antes de que se abra o proceso de licitación dun dos maiores contratos do Concello, que ten un orzamento de licitación de máis de 14 millóns de euros ao ano. Nesta ocasión, foron 15 as entidades que realizaron as súas achegas, mentres que a concelleira realizou oito entrevistas con asociacións veciñais, empresariais, de hostalería e os grupos municipais, ademais de numerosos encontros cos sindicatos representados no comité de empresa de Ferrovial, que realizaron máis de 60 suxestións ás bases.

A edil salienta que estas achegas servirán para enriquecer uns pregos que teñen como principais novidades o investimento, de cinco millóns de euros, en maquinaria "respectuosa co medio ambiente, eficiente e silenciosa", a creación de equipos específicos de limpeza para situacións e tarefas concretas e o reparto equitativo dos medios nos barrios, así como a introdución de cláusulas sociais de obrigado cumprimento no contrato. Neste sentido, o proceso de consulta, que rematou de maneira xeral o 3 de agosto, prolongouse no tocante aos contactos coas persoas representantes do colectivo de traballadores e traballadoras "para afinar e tratar de incorporar as melloras precisas que garantan unhas condicións laborais axeitadas no servizo". Ademais, García mantivo encontros coa Confederación de Asociacións Veciñais, a de Empresarios da Grela, a Asociación Provincial de Hostalaría, a Asociación de Hostaleiros da Mariña e unha reunión conxunta con diferentes asociacións veciñais.

A Concellería de Medio Ambiente finaliza agora a integración das aportacións nos pregos que sairán a licitación e que, posteriormente, serán sometidos á correspondente fiscalización para, a continuación, ser aprobado, xunto co gasto aparellado, pola Xunta de goberno local. Este será o paso previo á apertura do proceso de licitación. Entre os temas sobre os que máis achegas se contabilizaron están os criterios de valoración, a distribución dos medios, as ferramentas, o control de calidade e os parámetros polo que se vai a rexer, frecuencia de medios, o novidoso modelo de limpeza con auga e o que implica para os barrios, así como os reforzos especiais para a celebración de festas, momento caída de folla, túneles, pintadas ou vertedoiros incontrolados.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?